top of page

Arzúa súmase á promoción do Camiño Francés con novos manteis nos establecementos hostaleiros

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Arzúa

A Mancomunidade de Municipios Galegos do Camiño Francés está a levar a cabo unha nova iniciativa de promoción do Camiño Francés a través da distribución de 85.000 manteis de papel individuais nos establecementos hostaleiros dos 11 concellos que forman parte desta entidade, incluíndo Arzúa.

Estes manteles, ademais de ofrecer unha utilidade práctica, incorporan códigos QR que redirixen ás páxinas web oficiais de cada un dos concellos participantes, permitindo aos peregrinos acceder a información relevante sobre os puntos de interese de cada localidade.


Publicidade

Preme na imaxe se queres saber máis deste evento.

Begoña Balado, concelleira de Turismo de Arzúa e vicepresidenta da Mancomunidade do Camiño Francés, destaca que “Esta acción promocional non só axuda a mellorar a experiencia dos peregrinos ao proporcionarlles información útil durante a súa parada nos nosos establecementos, senón que tamén reforza a imaxe de unidade e colaboración entre os concellos do Camiño Francés. Estamos moi satisfeitos coa acollida que tivo esta iniciativa e animamos a todos os hostaleiros a sumarse a esta campaña que, sen dúbida, enriquecerá a oferta turística de Arzúa e dos demais concellos participantes.”


Publicidade

Preme na imaxe para contactar con nós.

Os manteles están listos para ser distribuídos nos establecementos hostaleiros de Arzúa. Aqueles negocios interesados en recibir unidades poden retiralos na oficina de turismo local en horario de 9:00 a 14:00 horas. Con esta acción, a Mancomunidade de Municipios Galegos do Camiño Francés reafirma o seu compromiso coa promoción do Camiño e co apoio ao sector hostaleiro, destacando a importancia de ofrecer aos peregrinos unha experiencia única e informativa ao longo da súa travesía cara a Compostela.  

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page