top of page

Arzúa súmase á campaña de verán da ADOS: “Non esquezas doar antes de veranear”

O mércores 9 de xullo, a unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue estará no campo da feira desta localidade


Laura Moure/Arzúa

O mércores 9 de xullo, a unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue estará no Campo da Feira de Arzúa, en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas. O Concello de Arzúa súmase á campaña especial de verán impulsada pola Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) baixo o lema “Non esquezas doar antes de veranear”, coa que se busca garantir as reservas necesarias de sangue durante os meses estivais, nos que adoita baixar a participación.

A campaña ten como obxectivo mobilizar á cidadanía para que realice a súa doazón antes de iniciar as vacacións, lembrando que os hospitais non pechan no verán e que cada doazón pode ser vital para quen o precisa. Entre o 15 de xuño e o 15 de setembro, Galicia precisa 27.000 doazóns de sangue para manter o servizo sanitario en condicións óptimas.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Desde o Concello faise un chamamento á participación da veciñanza e facilítase a presenza da unidade móbil, que estará dispoñible o mércores 9 de xullo no Campo da Feira, nunha dobre quenda de mañá e tarde (10:00–14:00 e 16:00–21:00 horas).


O alcalde de Arzúa, Xoán Xesús Carril Ramos, subliñou o compromiso institucional co sistema público de saúde e animou á colaboración veciñal: “Desde o Concello de Arzúa teremos sempre as portas abertas para colaborar en todas aquelas campañas que reforcen o sistema público e universal de saúde. E, por suposto, animamos á veciñanza a doar antes de marchar de vacacións: é a mellor maneira de garantir que as reservas de sangue estean en niveis óptimos e que, se algún día o precisamos, calquera de nós reciba a atención sanitaria que merece, no momento en que a precise.”


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Doar sangue é un acto voluntario, seguro e solidario que pode marcar a diferenza entre a vida e a morte. "Desde o Concello de Arzúa convidamos a todas as persoas que poidan doar a que participen nesta xornada, porque o sangue non se vai de vacacións… e a solidariedade tampouco".

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page