top of page
Perruquería Marisa.gif

Arzúa rexistra unha colisión entre tres vehículos que se salda con cinco persoas feridas

Ecos da Comarca/Arzúa

Arzúa rexistrou este venres un accidente no que se viron implicados tres vehículos. O suceso ocorreu na N-547, a estrada que enlaza Arzúa con Melide, concretamente na saída desta primeira localidade. Saldouse con cinco persoas feridas, tres adultos e dous menores que foron evacuados ao Punto de Atención Continuada (PAC).


Foi unha colisión por alcance. Un dos afectados foi o que alertou ás 13:21 horas ao Centro Integrado Atención Emerxencias (CIAE) 112 de Galicia, onde indicaba que acababan de sufrir un accidente, que había persoas feridas, pero que en principio estaban todas accesibles.


O 112 Galicia mobilizou a Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de Arzúa, a Policía Local e a Protección Civil da localidade e ao Servizo de Mantemento de Estradas.

Foto de arquivo.


643 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page