top of page

Arzúa recupera o programa de conciliación familiar 'Xogarzúa' para a tempada estival

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

O prazo de inscrición para as familias interesadas comezará este venres, 21 de maio


Laura Moure/Arzúa

A área de Benestar Social e Igualdade do Concello de Arzúa, cuxa responsabilidade asumiu nesta lexislatura o propio alcalde, José Luis García, poñerá en funcionamento, de novo, o programa Xogarzúa para a conciliación do desenvolvemento persoal e a vida familiar, dirixido a nenos e nenas con idades comprendidas entre os catro e os 12 anos durante as vacacións de verán.

Trátase dunha iniciativa na que as nenas e nenos adquiren coñecementos que forman parte do seu proceso educativo. Desenvolve unha morea de actividades pensadas para fomentar a convivencia nun marco de valores: respecto polo contorno, polos compañeiros, a igualdade, a cooperación mutua e o crecemento persoal a través do xogo, obradoiros e moitas outras iniciativas. Nesta ocasión as circunstancias provocadas pola Covid-19 obriga a adoptar serias medidas de protección e seguridade e establecer un número determinado de nenos e nenas en cada grupo.


O prazo de preinscrición será do 21 de maio ao 1 de xuño, preferiblemente a través da sede electrónica do Concello de Arzúa. O programa de conciliación dará comezo o día 28 de xuño e finalizará o 3 de setembro, dividíndose en catro quendas. Haberá diversos horarios de entrada e saída dos menores en función das necesidades das familias. No caso de que se rexistren máis solicitudes ca prazas existentes, outorgaranse estas seguindo o criterio técnico das profesionais do CIM e valorando tamén o empadroamento no municipio do usuario do programa e a coincidencia do horario laboral dos proxenitores co período no que se desenvolve o programa.


Dende o goberno municipal de A.A e PSdG-PSOE convidan ás familias do municipio a “aproveitar esta alternativa que ofrecemos para axudar á conciliación da vida familiar e laboral daqueles pais e nais que o precisen, buscando unha alternativa ao sedentarismo, promovendo e fomentando valores tan importantes como a convivencia, a tolerancia e a vida saudable”. Dende o Concello pregan a todas as persoas interesadas que lean atentamente as bases do programa que están á súa disposición na páxina web municipal arzua.gal



0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page