top of page

Arzúa recupera o Bus Turístico a partir do 30 de xullo para descubrir a súa paisaxe e cultura

24 jul 2025
2 min de lectura

As viaxes realizaranse os mércores e xoves polas tardes


Laura Moure/Arzúa

Arzúa volverá contar este verán cun servizo de Bus Turístico logo do éxito acadado na súa primeira edición o pasado verán. A iniciativa, impulsada pola Concellería de Turismo que dirixe Begoña Balado, arrancará o mércores 30 de xullo e ofrecerá unha nova oportunidade para descubrir algúns dos lugares máis emblemáticos e con maior atractivo natural do municipio.

O itinerario comezará cunha parada nas Fervenzas das Hortas, onde os participantes poderán facer un pequeno paseo para contemplar esta xoia natural de preto. A continuación, a ruta seguirá pola zona do Encoro de Portodemouros, un espazo privilexiado para gozar de fermosas vistas panorámicas e da tranquilidade da contorna. A xornada completarase cunha visita ao Enredo do Abelleiro, o museo vivinte da apicultura, onde se ofrecerá unha completa explicación tanto no interior como no exterior das instalacións.


As viaxes realizaranse os mércores e xoves, de 17:30 a 19:30 horas, con saída e chegada na Oficina de Turismo de Arzúa (Praza do Peregrino s/n). As prazas son limitadas, e os tickets –cun prezo de 3 euros, que inclúe a entrada ao museo vivinte da mel– poden reservarse con antelación na propia oficina.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Durante todo o traxecto, un guía especializado ofrecerá explicacións e curiosidades sobre cada localización, enriquecendo a visita e permitindo descubrir a fondo o patrimonio natural e cultural de Arzúa.


A concelleira de Turismo, Begoña Balado, subliña a importancia de retomar esta iniciativa: “O Bus Turístico converteuse nunha das propostas máis valoradas do verán pasado. Volvemos con ilusión para seguir poñendo en valor a nosa natureza, a nosa cultura e o noso territorio, pensando tanto nos visitantes como na veciñanza de Arzúa, que tamén ten moito que descubrir da súa propia terra.”


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Este verán, o Bus Turístico reforza a imaxe de Arzúa como destino verde, ofrecendo unha experiencia cómoda e diferente para descubrir a súa paisaxe, historia e identidade local.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page