top of page

Arzúa presenta a II Marcha Cicloturista BTT “Arzúa Destino Verde” con tres percorridos e 500 prazas

A proba celebrarase o vindeiro 24 de maio e incorpora como novidade unha ruta intermedia para ampliar a participación


Laura Moure/Arzúa

A Casa de Correos acolleu esta mañá a presentación oficial da II Marcha Cicloturista BTT “Arzúa Destino Verde”, unha cita deportiva organizada pola Concellería de Turismo de Arzúa, dirixida por Begoña Balado, e que conta coa colaboración da Deputación da Coruña.

A proba, que regresa cun formato ampliado e renovado, celebrarase o vindeiro 24 de maio, a partir das 9:30 horas. No acto participou a propia concelleira de Turismo, xunto ao deputado de Deportes da Deputación da Coruña, Antonio Leira, así como Lamas, de Lamas Bike, que é membro da organización. Tras o éxito da primeira edición, que esgotou as súas 400 prazas, a organización aposta este ano por dar un paso máis, ampliando a participación ata os 500 dorsais e incorporando novidades tanto no percorrido como na

estrutura da proba.


Unha das principais incorporacións, tal e como explicou Lamas, é a creación dunha terceira ruta intermedia, pensada para facilitar a participación de distintos perfís de ciclistas. Deste xeito, a proba contará con tres opcións:

  • Ruta curta: 32 km (+503 m)

  •  Ruta intermedia: 49 km (+1.027 m)

  •  Ruta longa: 70 km (+1.665 m)

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

Durante a presentación, Begoña Balado destacou o valor desta iniciativa como ferramenta de promoción do territorio: “Esta marcha non é só unha proba deportiva, é tamén unha oportunidade para descubrir Arzúa desde outra perspectiva, poñendo en valor o noso entorno natural e consolidándonos como destino vinculado ao turismo activo e sostible”. Ademais, subliñou que “a incorporación dunha nova distancia responde á vontade de abrir a proba a máis xente, facendo da BTT unha experiencia accesible e compartida”.


Pola súa banda, Antonio Leira puxo en valor este tipo de propostas: “Actividades como esta son imprescindibles, porque combinan deporte, turismo, cultura e patrimonio nun mesmo evento. A Marcha BTT Arzúa – Destino Verde reúne todos eses elementos nun entorno incomparable, e é moi importante que a Deputación estea aí”.


A II Marcha BTT “Arzúa Destino Verde” desenvolverase nun percorrido renovado, con novos trazados máis variados e espectaculares, e contará con avituallamentos ao longo do itinerario. Ademais, haberá sorteos de agasallos entre todas as persoas inscritas, reforzando o carácter participativo da xornada.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

As inscricións están abertas, ata dous días antes da cita, e poden realizarse a través da plataforma www.sportmaniacs.com, onde as prazas avanzan a moi bo ritmo.


Nesta segunda edición, Arzúa reforza esta cita deportiva como unha proposta que combina deporte e turismo activo, poñendo en valor o territorio e a experiencia nun destino que aposta polo seu posicionamento como Destino Verde.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page