top of page

Arzúa pon en valor o entorno do Campo da Feira do Polbo

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

As obras terán un prazo de execución de un mes


Laura Moure/Arzúa

O Concello de Arzúa, a través da súa Concellería de Turismo, pon en marcha un proxecto de mellora paisaxística e promoción do Camiño Francés no entorno do Campo da Feira do Polbo, grazas ao convenio de colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia e a Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés, do cal a concelleira de Turismo, Comercio e Promoción Económica, Begoña Balado, forma parte como vicepresidenta.-


O obxectivo deste proxecto é resolver as deficiencias actuais deste espazo emblemático, que combina a área arborada e unha zona formigonada utilizada para o aparcamento e para as tradicionais feiras, celebradas os días 8 e 22 de cada mes. As actuacións previstas inclúen a reposición e acondicionamento das zonas de arborado, a mellora dos alcorques e dos pavimentos de granito, ou o acondicionamento de toda a madeira; pero a novidade principal é  a renovación e conservación da marquesiña, que terá agora un sistema de protección lateral con vidros e vinilos alusivos ao Concello de Arzúa, reforzando o valor patrimonial e turístico do lugar.

Entre as melloras específicas destacan a reposición das varandas de aceiro que, anteriormente situadas na marquesiña, se colocaran na explanada cara á rúa Valle Inclán para aumentar a seguridade no desnivel. Tamén se renovarán as bandas de granito e a capa de biomasa nos alcorques para protexer o arborado, así como a reparación das áreas formigonadas e a colocación de bancos de granito.


Begoña Balado destaca que “esta intervención representa un compromiso co coidado do noso espazo público, buscando preservar e mellorar un lugar tan significativo como é o Campo da Feira do Polbo. Con estas obras, queremos non só mellorar as infraestruturas existentes, senón tamén fortalecer a experiencia dos visitantes e a comodidade da veciñanza, que cada mes acude a este espazo para participar nas nosas feiras tradicionais”. "A concellería que eu dirixo segue a postar pola revitalización dos espazos de encontro, respectando o seu valor histórico e paisaxístico”.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

As obras terán un prazo de execución de un mes. Esta actuación representa un paso importante na valorización deste espazo de Arzúa, integrando elementos culturais e paisaxísticos de interese para visitantes e veciñanza, consolidando o seu papel fundamental no desenvolvemento turístico do Camiño Francés.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

留言


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page