top of page
Foto del escritorLaura Moure

Arzúa pon en marcha “Outono a escena” que dinamizará as fins de semana de outubro e novembro

Haberá actuacións de artes escénicas e musicais para todos os públicos


Laura Moure/Arzúa

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa pon en marcha por noveno ano consecutivo o programa cultural Outono a escena que dinamizará as fins de semana dos meses de outubro e novembro con actuacións de artes escénicas e musicais para todos os públicos. O certame ofertará 14 propostas culturais repartidas nos dous meses. A programación terá como escenario principal o da Capela da Madanela que acollerá neste tempo diversos espectáculos para todos os públicos repartidos nos chamados Venres na Capela para público adulto e os Sábados en familia para público infantil e familiar.


Este sábado, día 5 de outubro, ás 18:00 horas levarase a cabo a primeira función para público infantil e familiar co espectáculo de teatro e música Palabras, unha representación a cargo da compañía Baobab Teatro.

As propostas dos Sábados en familia traerán tamén unha función de teatro infantil encadrada no programa Camiño Escena Norte no que o Concello de Arzúa participa unha edición máis. Desta vez a compañía Pájaros Pintados, chegada desde Navarra, representará a obra El jardín de Oliva ás 18:00 horas do sábado19 de outubro.


No mes de outubro tamén se agardan outras propostas para público adulto, dentro dos Venres na Capela, coa presentación do libro Utensilios de cociña e algúns xantares caleidoscópicos de Xosé Carlos Carracedo Porto o venres 18 e o espectáculo de narracion oral e música de autora Matrioskas de Marta Ortiz e Sofía Espiñeira o venres 25.


Como gran novidade, Arzúa acollerá dentro desta programación o Culturgal Expandido. O mellor das culturas galegas con literatura, música e teatro os días 11 e 12 de outubro.


A programación de Outono a escena continuará no mes de novembro con monólogos e actividades dirixidas ao público escolar para conmemorar o Día do Infancia.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Todas as actuacións serán de acceso libre e gratuíto ata completar a capacidade.


O Concelleiro de Cultura, José Luís García, anima á veciñanza e visitantes a “participar desta completa programación pensada para todos os públicos como lugar de encontro e entretemento nas tardes de outono”. Ademais, destaca “a importancia da colaboración cos centros educativos programando numerosas actividades en horario lectivo asegurando así a participación de centos de nenos e nenas na programación cultural do noso concello”.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page