Laura Moure/Arzúa
En colaboración coa Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa (AECA), o Concello desta localidade emitirá bonos que os veciños destinarán ás compras nos establecementos do municipio.
Os bonos terán un importe de 50 euros (30 euros serán o custe para a xente interesada en mercalos e 20 euros serán aportados polo Concello). As compras deben realizarse nos locais adheridos á campaña. A AECA será a encargada de xestionar as citadas subvencións. Os bonos poderán mercarse nas oficinas desta asociación ata o 12 de marzo de 2021. "Así se ideou para apoiar ao tecido empresarial nestes primeiros meses do ano, nos que ademais da “costa de xaneiro”, nos enfrontamos a datas complicadas pola Covid-19", apunta o Concello.
Commenti