Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Arzúa organiza coa Fundación Mujeres un obradoiro gratuíto dirixido a mulleres coidadoras

Será presencial, comezará a finais do mes de setembro e é necesario inscribirse porque hai prazas limitadas


Laura Moure/Arzúa

O Concello de Arzúa organiza coa Fundación Mujeres un obradoiro presencial e gratuíto dirixido ás mulleres coidadoras. Constará de oito sesións e é preciso anotarse previamente porque as prazas son limitadas. Comezará a finais do mes de setembro.

"A dependencia na contorna familiar é unha realidade cada vez máis frecuente ante o aumento da esperanza de vida e a redución de integrantes nas familias. Hoxe en día, existe un importante núcleo integrado por persoas que asumen os labores de coidado de forma non remunerada. Xeralmente, as mulleres asumen o rol principal da asunción dos coidados e, ás veces, asúmese como unha obrigación moral prestar dita asistencia. É un rol que se vai asumindo de forma paulatina, moitas veces sen ser conscientes, prestando asistencia a medida que a persoa dependente a vaia demandando. E, non en mnpoucas ocasións, o ter menores a cargo tampouco lles exime desta responsabilidade", indica o Concello.


E recalca que "esta asunción de responsabilidades, ben sexa por imposición ou elección, non implica necesariamente ser coñecedora do que implica o novo papel a adoptar. A falta de información sobre como enfrontarse a unha situación nova e inesperada, ocasiona un estado de incerteza e de desasosego, xerando malestar tanto a nivel físico como emocional que afecta á súa calidade de vida. Ademais, o feito de coidar a unha persoa en situación de dependencia implica unhas consecuencias sobre o benestar, a saúde e a calidade de vida das mulleres que desenvolven dita tarefa".

Conscientes desta situación, e para paliar estas consecuencias, o Centro de Información

ás Mulleres do Concello de Arzúa e a Fundación Mujeres, coa colaboración da Deputación Provincial da Coruña, desenvolverán en Arzúa un novo obradoiro presencial de apoio integral a coidadoras de persoas dependentes. A iniciativa é concibida como un recurso de orientación, acompañamento e apoio a distintos niveis (emocional, formativo, de activación persoal e social) que será un complemento aos recursos xa existentes de apoio á dependencia.


A metodoloxía

Na metodoloxía do obradoiro primarán as actividades grupais dirixidas a reforzar as relacións sociais a través da interacción con mulleres que están na mesma situación. E

procurarase mellorar a calidade de vida das mulleres coidadoras, excoidadoras e futuras coidadoras, e a promover o seu desenvolvemento persoal e social.


A formación en materia de hábitos de vida saudable, xestión emocional e habilidades de

comunicación pretende que as mulleres poidan exercer os labores de coidado dunha maneira máis saudable e que se minimicen os riscos que corren na actualidade asociados a malas prácticas e hábitos prexudiciais en relación ás tarefas que desenvolven como coidadoras.


Lugar

O obradoiro constará de oito sesións que se impartirán os xoves, desde o 29 de

setembro ata o 17 de novembro, na Aula Multiusos de Edificio Sociocultural María Mariño.


A inscrición, que é gratuíta, debe formalizarse no Centro de Información ás Mulleres do Concello de Arzúa (Rúa Santiago, 2) ou chamando ao 981 501 101. As prazas son limitadas e o prazo para anotarse remata o 22 de setembro.

36 visualizaciones0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE