top of page
Foto del escritorLaura Moure

Arzúa organiza a actividade “Elixe a túa palabra en galego favorita” polo Día das Letras Galegas

Consiste nun sorteo dun lote de libros en lingua galega para diversas idades valorado en 150 euros


Laura Moure/Arzúa

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa organiza a actividade “Elixe a túa palabra en galego favorita” con motivo da celebración das Letras Galegas 2023 coa finalidade de fomentar o uso e coñecemento da lingua galega a través dunha actividade participativa.

O concurso celebrarase de acordo coas seguintes bases:

1ª: A actividade desenvolverase do 2 ao 15 de maio de 2023.

2ª: Poderán participar persoas de calquera idade cubrindo unha papeleta por persoa na que deberán indicar nome e apelidos, idade, nº de teléfono de contacto, a palabra en galego favorita e unha breve explicación da elección da palabra correspondente. Quedan excluídas as palabras malsoantes, ofensivas e os nomes propios. As papeletas estarán dispoñibles na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro e serán depositadas nuha urna ubicada tamén na biblioteca durante o horario habitual de apertura da mesma.

3ª: Entre todas as papeletas farase o sorteo dun lote de libros en lingua galega para diversas idades valorado en 150 euros.

4ª: O sorteo celebrarase o día 17 de maio ás 19:00 horas no Multiusos Terra do Queixo. Un representante do Departamento de Cultura, nun acto público, sacará da urna unha papeleta que será a premiada. O Departamento de Cultura contactará coa persoa premiada a través do nº de teléfono indicado na papeleta extraída e poderá recoller o premio na Oficina de Cultura e Deportes no prazo de 2 meses a contar desde o día do sorteo.

5ª: A participación no concurso supón a aceptación destas bases.

O presente premio será outorgado con cargo á partida orzamentaria 431.480.02 do vixente orzamento ata o límite de 150 euros.

0 comentarios

コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page