Arzúa mellora a zona da Casa do Peregrino cunha actuación impulsada pola Concellería de Turismo
- Laura Moure

- 2 jul
- 1 min de lectura
O proxecto conta cun investimento de preto de 21.000 euros para acondicionar o recinto exterior do edificio
Laura Moure/Arzúa
O Concello de Arzúa está a executar as obras de acondicionamento e mantemento da contorna exterior da Casa do Peregrino en Río Vello, unha actuación promovida pola Concellería de Turismo, dirixida por Begoña Balado, co obxectivo de mellorar este espazo e continuar poñendo en valor as infraestruturas de interese turístico do municipio.

Os traballos inclúen a instalación de valados de madeira para delimitar parte da parcela, a
mellora e saneado do camiño lindeiro e da zona de acceso á edificación, a limpeza e acondicionamento do lavadoiro existente, a mellora do céspede, a instalación de catro
bancos, unha papeleira e cinco puntos de luz, a pavimentación con costeiros de granito do
espazo onde se sitúan os bancos, a plantación dun exemplar de ginkgo biloba e a retirada de tres árboles que presentaban numerosas pólas secas.
PUBLICIDADE
O proxecto conta cun investimento de 20.931,64 euros, IVE incluído, e permitirá mellorar a funcionalidade e a imaxe desta contorna, favorecendo a súa conservación e o seu uso en
mellores condicións.
A concelleira de Turismo, Begoña Balado, destaca "que esta intervención responde ao compromiso do Concello por seguir mellorando os espazos públicos vinculados ao noso patrimonio e ao turismo, coidando a súa conservación e ofrecendo contornas máis accesibles, seguras e agradables".
PUBLICIDADE
Balado engadiu que "cada actuación que levamos a cabo contribúe a conservar e poñer en valor os recursos que identifican Arzúa, mellorando tanto a súa imaxe como a calidade dos seus espazos públicos”.








Comentarios