top of page

Arzúa, Melide, Sobrado e o Pino reciben axudas da Deputación para financiar o gasto de persoal das oficinas de turismo

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Laura Moure/Xeral

A Deputación da Coruña inviste este exercicio 774.470 euros no programa de subvencións para financiar o gasto de persoal das oficinas de turismo dos concellos da provincia de menos 50.000 habitantes. Son 48 os beneficiarios, que se repartirán axudas de entre 10.000 e 20.000 euros. Nas comarcas figuran como beneficiarios os municipios de Arzúa, Melide, Sobrado dos Monxes e O Pino.


"No noso departamento sempre fomos conscientes de que un turismo de calidade implica ter bos técnicos para planificar e bo persoal para informar e, entre todos, dar servizo e ofrecer unha proposta turística de calidade no territorio, algo que para nós é imprescindible se queremos ser competitivos", explica o vicepresidente, Xosé Regueira. "E iso ímolo poder facer con este programa de axudas, que ademais son do cen por cento".

As Fervenzas das Hortas de Arzúa.

Desde 2017, a liña de subvencións da Deputación para a contratación de persoal especialista en turismo dálle traballo no ámbito territorial da provincia a arredor de 50 persoas e tamén servizo a medio cento de entidades municipais.


A resolución do total das subvencións, a listaxe de beneficiarios e as cantidades que recibirá cada un poden consultarse no BOP do 29 de abril.


Das comarcas reciben axuda:

  • Concello de Arzúa cuxo importe da subvención é de 14.257,43€.

  • Concello de Melide cuxo importe da axuda é de 17.293,73€.

  • Concello de Sobrado dos Monxes que recibe 11.353,14€.

  • Concello do Pino cuxo importe da subvención é 16.633,66€.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Por outra banda, o ente provincial denegoulle a concesión destas axudas a catro concellos, como é o caso do Concello de Touro, por non acadar a puntuación mínima para obter o importe mínimo de 10.000 euros de concesión.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page