top of page

Arzúa lanza unha campaña por motivo do Día do libro

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

As librarías participantes son Cartafol e Os picariños e con cada merca dun libro, entregarase un lote de agasallos ata fin de existencias


Laura Moure/Arzúa

O CEIP de Arzúa e o Colexio Nosa Señora do Rosario de Arzúa acolleron esta mañá o contacontos ilustrado Mulleres Galegas. Xela Arias da compañía Polo Correo do Vento. Ademais, desde hoxe, venres 23, ata o 30 de abril o Concello lanza a campaña Arzúa Conta. É unha iniciativa de animación á lectura e de apoio ás librarías da vila. Con cada merca dun libro, recibirase un lote de agasallos, ata fin de existencias.


As librarías participantes son Cartafol e Librería Os picariños. A concelleira de Cultura, Aurora Varela, destacou esta semana en Radio Arzúa a “forte aposta do Concello de Arzúa pola promoción da lectura e da nosa lingua, sobre todo, entre o público máis mozo”.

A libraría Cartafol participa na campaña.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page