top of page

Arzúa lanza a campaña “Presume de Arzúa co teu mellor sorriso” para apoiar aos establecementos

Desenvolverase do 1 ao 10 de agosto e haberá distintos sorteos


Laura Moure/Arzúa

A Concellería de Turismo do Concello de Arzúa pon en marcha a campaña “Presume de Arzúa co teu mellor sorriso”, unha iniciativa destinada a dar visibilidade aos establecementos do municipio, incluíndo comercios, locais derestauración, hostalería e servizos.

A acción consiste en compartir unha fotografía tipo selfie en calquera establecemento de Arzúa, utilizando o hashtag #EuPresumoDeArzúa e etiquetando a conta oficial de Arzúa Turismo en Facebook ou Instagram. Entre todas as persoas participantes sortearanse agasallos como una estancia de dúas noites para 6 persoas nunha casa da aldea A Painza e dunha noite para dúas personas con almorzo e unha hora de spa no Hotel A Curuxa, así como unha actividade de descenso polo río Ulla en kayak para 4 persoas da man de Ullaxtreme.

Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

A campaña desenvolverase do 1 ao 10 de agosto, e o 11 de agosto darase a coñecer os nomes das persoas gañadoras a través das redes sociais de Arzúa Turismo. As bases completas están dispoñibles na web do concello: www.arzua.gal 


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A concelleira de Turismo, Begoña Balado, subliña que con esta iniciativa “queremos que veciños e visitantes se impliquen amosando o mellor de Arzúa: os nosos establecementos, o comercio de proximidade, a restauración e o bo ambiente que nos caracteriza. Esta campaña busca dar visibilidade ao noso tecido empresarial e poñer en valor o que nos fai únicos”.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page