top of page

Arzúa inaugurou a exposición cos achados de Castro Curbín que se poderá ver ata o 28 de febreiro

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Está na Antiga Casa de Correos


Laura Moure/Arzúa

O Concello de Arzúa inaugurou o luns 29 de xaneiro a exposición dos achados de Castro Curbín, que estará dispoñible ata o 28 de febreiro na Antiga Casa de Correos. A mostra, que estaba inicialmente prevista para o domingo tivo que ser reprogramada debido á entrada da cicloxénese Herminia. A pesar do cambio de data e a chuvia, o acto contou coa afluencia de unha veintena de veciñas e veciños que non quixeron perderse este evento de gran relevancia histórica.


O acto de inauguración abriu coa intervención da concelleira de Patrimonio, Lucía López, quen destacou a importancia deste proxecto e agradeceu o labor do equipo investigador:

"Quero comezar agradecéndolle a Samuel Nión e Verónica Silva o seu traballo incansable e a súa colaboración para que esta inaguración saíra adiante. E a veciñanza tan só pedirvos que a desfrutedes e que corrades a voz. Este espazo é para satisfacer a nosa curiosidade histórica, pero tamén é unha mirada aos nosos devanceiros que, a pesar dos séculos de diferenza, e en contra do que a veces imaxinamos, xa xogaban, xa tiñan soños e anceios , como os que poidemos ter nós hoxe."

A continuación, o alcalde de Arzúa, Xoán Xesús Carril, quixo agradecer o traballo da Concellería de Patrimonio e do equipo arqueolóxico, subliñando o compromiso do Concello en seguir promovendo proxectos culturais de gran interese. "Este tipo de iniciativas son fundamentais para poñer en valor o noso patrimonio. Queremos que a Antiga Casa de Correos siga sendo un espazo vivo, aberto á cultura e á investigación, e xa estamos traballando para ofrecer novos proxectos de cara á primavera e ao verán."


Pola súa banda, o arqueólogo Samuel Nión explicou a relevancia do achado e destacou a singularidade de Castro Curbín: "Malia que (todos os arqueólogos) adoitamos dicir que cada castro é único ou singular, neste caso temos un achado insólito a escala galega, española e europea: un taboleiro de xogos con 2.500 anos de historia. E temos un dato igualmente sorprendente: normalmente pensamos que as nosas adaptacións dos xogos veñen do período romano, pero aquí temos unha evidencia clara de que, séculos antes da chegada dos romanos, os nosos devanceiros de Castro Curbín xa xogaban."


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Finalmente, a investigadora Verónica Silva animou á cidadanía a visitar a exposición antes da súa clausura, lembrando que se trata dunha oportunidade única: "Asistide e non só asistades vós, senón que presumide en toda a comarca deste tesouro. Despois da exposición en Arzúa, as pezas serán depositadas no Museo das Peregrinacións de Compostela, polo que esta é unha ocasión irrepetible para contemplalas de preto."


A exposición permanecerá aberta ata o 28 de febreiro, ofrecendo á veciñanza e aos visitantes unha oportunidade única para descubrir estes achados arqueolóxicos que enriquecen o patrimonio material e inmaterial de Arzúa e con repercusión na historia da Galiza. Estará aberta ao público no seguinte horario: 

  • De martes a sábado, de 11:00 a 13:00 e de 17:00 a 19:00 horas.

  • Domingo, de 11:00 a 13:00 horas.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comentarii


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page