top of page

Arzúa inaugura hoxe a exposición “Queridas aves” de Bernardo Cascón Raposo na Casa de Correos

 A mostra permanecerá aberta ao público do 12 ao 22 de decembro


Laura Moure/Arzúa

O Concello de Arzúa inaugurará hoxe, venres 12 de decembro, ás 20:00 horas, a mostra “Queridas aves”, unha proposta expositiva do artista arzuá Bernardo Cascón Raposo que se poderá visitar na Casa de Correos.

A exposición, de entrada libre, reúne unha selección de ilustracións centradas no mundo das aves, co propósito de poñer en valor a súa beleza e diversidade a través dunha mirada artística e divulgativa. A mostra permanecerá aberta ao público do 12 ao 22 de decembro, en horario de martes a venres de 19:00 a 21:00 horas, e sábados e domingos de 12:00 a 14:00 horas.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Durante os días de apertura habilitarase tamén un pequeno espazo de pintura infantil, pensado para que as crianzas poidan achegarse á creación artística mentres as familias visitan a exposición.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

O Concello de Arzúa invita a toda a veciñanza a asistir ao acto inaugural e a achegarse nos vindeiros días a esta proposta cultural, que busca promover a sensibilidade artística e o coñecemento da natureza a través da ilustración.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page