Arrancará o 10 de marzo na Casa das Mulleres da localidade e terá unha periodicidade mensual
Laura Moure/Arzúa
O Concello de Arzúa, a través da Concellería de Igualdade e do Centro de Información ás Mulleres (CIM), pon en marcha o programa "Migradas: Mulleres que Suman", unhainiciativa en colaboración co Movemento pola Paz para apoiar ás mulleres de orixe estranxeira no seu proceso de integración social, laboral e persoal.
O programa arrancará o 10 de marzo ás 10:30 horas na Casa das Mulleres de Arzúa e terá unha periodicidade mensual. E terá como obxectivo ofrecer un espazo de apoio, formación e asesoramento sobre cuestións xurídicas, laborais e sociais. Ademais, abordaranse temas clave como o acceso a recursos sociais, sanitarios e educativos, así como a saúde sexual e reprodutiva, o coidado emocional e a autoestima

Un espazo de encontro e empoderamento
A concelleira de Igualdade de Arzúa, Lucía López, destaca a importancia desta iniciativa: “Queremos que as mulleres migradas que residen en Arzúa atopen un espazo seguro onde poder compartir experiencias, resolver dúbidas e acceder a ferramentas que faciliten a súa integración e autonomía”.
Como participar
As mulleres interesadas en participar en "Migradas: Mulleres que Suman" poden asistir ás reunións na Casa das Mulleres de Arzúa contactando previamente a través de:
WhatsApp: 644 707 234 ou do correo electrónico: n.pedros@mpdl.org
Desde o Concello de Arzúa anímase a todas as mulleres migradas da localidade a formar parte desta rede de apoio, para conectar, aprender e sumar xuntas.
Comments