Arzúa honrará a memoria de Juan Manuel Vidal, alcalde de Arzúa asasinado polo réxime franquista
- Laura Moure
- 14 ago 2024
- 1 Min. de lectura
Organiza un acto solemne de lembraza co gallo do 17 de agosto, data que se reivindica desde fai moitos anos como o Día da Galiza Mártir
Laura Moure/Arzúa
O vindeiro sábado 17 de agosto, ás 12:00 horas, o Concello de Arzúa celebrará un acto solemnne de lembranza a Juan Manuel Vidal, antigo alcalde do municipio, que foi fusilado polo réxime franquista. Este pretende ser, ademais, "un acto de lembranza de todas as galegas e galegos que loitaron pola liberdade fronte ao fascismo" explica o actual alcalde, Xoán Xesús Carril.

O evento terá lugar na Praza de Galiza, fronte ao busto de Juan Manuel Vidal, "ecelebrarase o vindeiro sábado 17 de agosto, data que desde hai anos se reivindica como Día da Galiza Mártir".
Publicidade
Desde o Concello sinalan que será "unha xornada de memoria e reivindicación da liberdade e dos valores democráticos na que, ademais doutras intervencións, haberá tamén unha pequena actuación de Xosé Luís Rivas "Mini", mestre e músico de longa traxectoria recoñecida e persoa comprometida coa recuperación da memoria histórica".
Publicidade
O Concello de Arzúa convida a toda a veciñanza a participar neste acto de homenaxe e a reflexionar sobre a importancia de manter viva a memoria democrática para que feitos así non volten acontecer e seguir a reclamar xustiza e reparación para as vítimas do franquismo.
Comments