top of page

Arzúa escenario o día 4 dunha xornada de divulgación sobre as abellas e os seus produtos

Incluirá actividades para distintas idades e estarán presentes Os Bolechas


Laura Moure/Arzúa

Arzúa acollerá o 4 de xuño a iniciativa Máis que mel, que terá lugar de 10:00 a 14:00 horas. É unha xornada de divulgación sobre as abellas e os seus produtos dirixida a diferentes públicos e que está organizada por Máisquemel e Erica Mel.

Por un lado, darase a coñecer a importancia das abellas como insectos polinizadores e

o valor dos produtos da colmea entre o público xeral e infantil, con varias actividades lúdicas e educativas. E por outro, haberá un espazo para os apicultores e apicultoras, no que se presentará a publicación Manexo de masas vexetais para a apicultura, editada por Frouma, cunha mesa redonda sobre a mesma temática.


A programación será a seguinte:


OS BOLECHAS - MÁIS QUE MEL

  • Os Bolechas tamén farán acto de presenza ese día pola vila de Arzúa con pasacalle de 10 a 14 horas.

  • No Parque dos Polinizadores (a carón da nave de Erica Mel) de 11 a 14 horas: terá lugar a presentación da publicación Os Bolechas – Máis que Mel, que incluirá obradoiros para nenos e nenas e degustacións de meles e produtos das abellas.

  • Ademais, haberá varias sesións dos obradoiros ó longo da mañá. Cada sesión terá unhas prazas limitadas, que se cubrirán por orde de chegada. A participación será de balde, previa inscrición en info@maisquemel.gal

DÍA DO COOPERATIVISMO


Mentres, no local da AAVV Santa María o programa será o seguinte:

  • Ás 11:30 horas terá lugar unha mesa redonda baixo o título o Manexo de masas vexetais para a apicultura. Coa presenza das persoas autoras: Suso Asorey, biólogo; Rebeca Vázquez, bióloga e Diego Sánchez, técnico de Frouma.

  • Ás 13 horas: Asemblea xeral de Erica Mel S.C.G.

  • E na nave de Erica Mel, de 10 a 14 horas: Venda de material apícola e promoción de produtos.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page