Arzúa entrega os diplomas á primeira promoción do programa AcolleGalego
- ecosdacomarca

- 5 dic 2025
- 1 min de lectura
Pecha a súa primeira edición con gran éxito de participación
Ecos da Comarca/Arzúa

O Concello de Arzúa celebrou o acto de entrega de diplomas á primeira promoción do programa AcolleGalego, tras concluír unha edición que destacou pola súa moi boa acollida e polo compromiso do alumnado coa aprendizaxe da lingua galega.
Publicidade
O curso, organizado polo Concello a través do Servizo de Normalización Lingüística e en colaboración coa Secretaría Xeral da Lingua, desenvolveuse entre o 15 de outubro e o 26 de novembro na Aula CeMIT. A iniciativa naceu co obxectivo de facilitar a integración das persoas procedentes doutras comunidades lingüísticas mediante o achegamento á lingua galega e á realidade sociocultural do país. O Concello subliña que o galego é hoxe unha lingua de acollida, que permite crear vínculos e favorecer a participación na vida comunitaria.
Publicidade
No acto de clausura, a concelleira de Normalización Lingüística, Lucía López, “agradeceu a participación da veciñanza na iniciativa e puxo en valor o interese amosado por todas en coñecer a lingua propia de Galiza, o galego”, recoñecendo tamén o esforzo e a implicación do alumnado ao longo destas semanas de formación.








Comentarios