Arzúa debaterá o cambio da ordenanza do imposto de vehículos para incluír bonificacións ambientais
- ecosdacomarca

- 29 sept
- 1 Min. de lectura
A proposta abordarase no pleno ordinario do xoves 2 de outubro
Ecos da Comarca/Arzúa
O Concello de Arzúa presentará no próximo pleno, o do 2 de outubro, a proposta de modificación da ordenanza fiscal reguladora do Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM). O texto foi preparado pola Concellería de Facenda ao longo dos últimos meses e ten como finalidade actualizar a normativa municipal e adaptala aos retos sociais e ambientais actuais.

PUBLICIDADE
A proposta recolle bonificacións destinadas a apoiar a veciñanza que opte por vehículos menos contaminantes. Prevese unha redución do imposto para turismos híbridos, eléctricos, de emisións nulas ou que funcionen con combustibles alternativos como biogás, gas natural ou hidróxeno. Así mesmo, manterase a bonificación xa existente para vehículos históricos ou con máis de 25 anos de antigüidade.
PUBLICIDADE
Esta medida responde á vontade de fomentar e potenciar o uso de enerxías non contaminantes, que permitan aliñar as políticas levadas a cabo pola Corporación cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) fixados pola ONU.








Comentarios