Inclúe exposicións, presentación de libros, excursións, música e teatro, entre outros
Laura Moure/Arzúa
O Concello de Arzúa deu a coñecer este venres a súa ampla e variada programación cultural para este verán. Está composta por exposicións, presentación de libros, excursións, música, teatro, etc.
XUÑO
Do 1 ao 17. Exposición de fin de curso da Aula Municipal de Pintura + Mostra fotográfica 25 anos mirando ao ceo do Club de Astronomía Vega Capela da Madanela | 18:30-20:30 horas (de xoves a sábados) *Inauguración o xoves 1 ás 19:30 horas.
Venres 16. Presentación do libro O home que matou a Antía Morgade con Arantza Portabales. Capela da Madanela | 20:00 horas.
Sábado 17. Programa Coñece o teu País: Excursión a Fisterra (A Coruña) *Inscricións a partir do día 9 de xuño no Departamento de Cultura (tlf. 981 500 222).
Do 27 ao 30. Exposición «MISTURAS» de Seijas. Capela da Madanela | 19:00-21:00 horas (de martes a sábados). *Inauguración o martes 27 ás 19:30 horas.
XULLO
Do 1 ao 15. Exposición «MISTURAS» de Seijas Capela da Madanela | 19:00-21:00 horas(de martes a sábados).
Sábado 8. Música na feira: Actuación de Luar das Augas. Multiusos Terra do Queixo e rúas | 11:30 horas.
Sábado 22. Música na feira: Actuación de Lumieiras do Morrazo. Multiusos Terra do Queixo e rúas | 11:30 horas.
Sábado 29. Programa Coñece o teu País: Excursión á cidade de Lugo. *Inscricións a partir do día 21 de xullo no Departamento de Cultura (tlf. 981 500 222).
Domingo 30. Arzúa Viva Máis información na cartelería específica deste evento e redes sociais.
AGOSTO
Do 1 ao 31. Exposición Bo Camiño. Capela da Madanela | 19:00-21:00 horas (de martes a sábados). *Inauguración o martes 1 ás 19:30 horas.
Xoves 3. Ciclo de música na rúa En Aberto: Paraíso canto. Praza de Galiza | 21:00 horas. (En caso de mal tempo: Multiusos Terra do Queixo)
Martes 8. Música na feira: Actuación de Os Viqueiras. Multiusos Terra do Queixo e rúas | 11:30 horas.
Xoves 17. Ciclo de música na rúa En Aberto: ITH. Praza de Galiza | 21:00 horas (En caso de mal tempo: Multiusos Terra do Queixo).
Martes 22. Música na feira: Actuación de Fol da Chousa. Multiusos Terra do Queixo e rúas | 11:30 horas.
Xoves 24. Ciclo de música na rúa En Aberto: Somoza Trío. Praza de Galiza | 21:00 horas (En caso de mal tempo: Multiusos Terra do Queixo).
Sábado 26. Programa Coñece o teu País: Excursión a Marín (Pontevedra). *Inscricións a partir do día 18 de agosto no Departamento de Cultura (tlf. 981 500 222).
Xoves 31. Ciclo de música na rúa En Aberto: De Ninghures. Praza de Galiza | 21:00 horas. (En caso de mal tempo: Multiusos Terra do Queixo)
SETEMBRO
Venres 1. 4º Serán Cativo Máis información na cartelería específica deste evento e redes sociais.
Venres 8. Arte na rúa. Rúa Cima do Lugar e Praza de Galiza | 10:30-13:30 horas. *Inauguración da exposición das obras creadas ás 19:00 horas.
Do 11 ao 16. Exposición Arte na rúa. Capela da Madanela | 18:30-20:30 horas.
Domingo 24. Teatro: Programa Camiño Escena Norte. Capela da Madanela | 18:00 horas.
Sábado 30. Programa Coñece o teu País: Excursión a Nogueira de Ramuín (Ourense). *Inscricións a partir do día 22 de setembro no Departamento de Cultura (tlf. 981 500 222)
Comments