Laura Moure/Arzúa
A Concellería de Obras e Turismo do Concello de Arzúa instalou este xoves na rúa Lugo un conxunto de grandes letras co nome da vila como reclamo turístico para os visitantes. As volumétricas letras que desde agora saúdan aos visitantes que se achegan a Arzúa ocupan un espazo de 4,30 metros de longo e unha altura de 1,30 metros, e están retroiluminadas para garantir a súa visibilidade, tal e como informa desde a páxina Arzúa Turismo .
Ademais, desde aquí tamén se pode aprezar o mural feito nunha das fachadas próximas. Unha inicitiva de Estrella Galicia coa que rende homenaxe ás "estrelas" do Camiño de Santiago, e que tamén se poden ver noutras vilas próximas como Melide ou O Pino.
Autor: Arzúa Turismo
コメント