top of page

Arzúa convida a descubrir os segredos da eclipse solar cunha charla e un obradoiro

Organizada pola Concellería de Turismo, celebrarase o 4 de xullo na antiga Casa de Correos e permitirá coñecer as claves do fenómeno astronómico que poderá observarse o 12 de agosto


Laura Moure/Arzúa

A Concellería de Turismo do Concello de Arzúa, dirixida por Begoña Balado, organiza o sábado 4 de xullo a charla A eclipse das nosas vidas e un obradoiro práctico, dúas actividades abertas ao público para descubrir por que a eclipse total de sol do próximo 12 de agosto será un acontecemento extraordinario e como prepararse para vivilo con todas as garantías.

A xornada estará guiada por Dosi Veiga, licenciado en Física, responsable de AstroGalicia e do proxecto Ceos Galegos e coautor, xunto a Jorge Mira, do documento do Consello da

Cultura Galega “Esperando a eclipse total de sol. Recomendacións para as administracións públicas e a cidadanía”.


Programa da xornada

As actividades desenvolveranse na antiga Casa de Correos. A charla A eclipse das nosas

vidas dará comezo ás 11:00 horas e permitirá aos asistentes descubrir que fai tan especial esta eclipse, que poderá verse ao longo do fenómeno e por que se trata dun evento único que non volverá repetirse en centos de anos.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

A continuación, ás 12:00 horas, celebrarase un obradoiro práctico no que os participantes

aprenderán a construír unha cámara escura para observar a eclipse con seguridade, coñecerán o uso correcto dos filtros solares, descubrirán diferentes sistemas para proxectar a imaxe do sol e recibirán orientación para organizar pequenas observacións públicas.


Arzúa, punto estratéxico para a observación da eclipse

A concelleira de Turismo, Begoña Balado, anima á veciñanza e ás persoas visitantes a participar nesta iniciativa porque "a eclipse solar do 12 de agosto representa unha oportunidade única e queremos que Arzúa estea preparada para vivila nas mellores condicións. O noso concello será un punto comarcal estratéxico para a observación deste

fenómeno, polo que é importante ofrecer á cidadanía ferramentas para desfrutalo con

seguridade".

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe e contacta con nós!
Preme na imaxe e contacta con nós!

A actividade é gratuíta, pero require inscrición previa a través do correo electrónico

info@turismoarzua.gal, xa que as prazas son limitadas.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page