Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Arzúa conmemora o Día das Letras Galegas con música, poesía e humor

A proposta forma parte da programación cultural Primavera de Cultura do mes de maio


Laura Moure/Arzúa

O vindeiro luns, 17 de maio, o Departamento de Cultura do Concello de Arzúa ten previsto conmemorar o Día das Letras Galegas, acto central da programación titulada Primavera de Cultura correspondente ao mes de maio. A proposta do departamento que dirixe a concelleira Aurora Varela para esta data tan sinalada será o espectáculo Epístola ás neofalantes, da compañía Aldaolado; celebrarase ás 18:00 horas no Multiusos Terra do Queixo debido á previsión meteorolóxica. Trátase dunha proposta para maiores de 16 anos onde a poesía, a música e sobre todo o humor están orientados a reafirmar a nosa lingua como unha lingua moderna, síntoma de coñecemento e cultura e, sobre todo, con moitas primaveras por diante por obra e graza das persoas neofalantes. Esta actuación será tamén retransmitida en directo a través da páxina de Facebook do Departamento de Cultura.


O dúo artístico Aldaolado está composto por Lucía Aldao e María Lado, dúas poetas galegas de consolidada carreira, que no ano 2005 decidiron unir os seus nomes e os seus esforzos creativos para dar lugar a esta iniciativa. Aldaolado é un proxecto artístico orientado á poesía escénica, co que conseguiron facer do recital un acto atractivo, próximo e divertido para todo tipo de público, mesmo para aquel que nunca leu poesía. A súa espontaneidade e complicidade en directo é a base sobre a que crearon case unha ducia de espectáculos pensados para o público adulto e o público adolescente.


A entrada será libre con control de aforo e co debido cumprimento de todas as medidas de hixiene e protección fronte á Covid-19.


7 vistas0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE