top of page
Foto del escritorLaura Moure

Arzúa colabora no proxecto de axardinamento e acondicionamento de granxas da ADS Arzúa

Esta iniciativa busca transformar estes espazos en contornos máis humanos, organizados e esteticamente agradables


Laura Moure/Arzúa

O Concello de Arzúa visitou o proxecto de axardinamento e acondicionamento de granxas lanzado pola Asociación Defensa Sanitaria de Arzúa (ADS Arzúa). Esta iniciativa, que xa comezou a implementarse en nove granxas locais, busca transformar estes espazos en contornos máis humanos, organizados e esteticamente agradables.

Margot, portavoz da ADS Arzúa, explicou que "o proxecto consta de dúas accións principais: por unha banda, o axardinamento e acondicionamento das granxas, que desenvolvemos en colaboración co Concello de Arzúa. Por outra banda, a elaboración de murais nas granxas, levada a cabo coa axuda do IES de Arzúa."


Publicidade

Preme na imaxe se queres saber máis deste evento.

Beneficios do proxecto

  • Organización e limpeza: As granxas están agora máis ordenadas e limpas, o que mellora a eficiencia no traballo diario.

  • Entorno saudable: A limpeza sanitaria prevén a acumulación de residuos, crucial para a saúde animal e a preservación do medio ambiente, reducindo a acumulación de plásticos.

  • Estética mellorada: Os xardíns e murais crean un ambiente máis agradable e atractivo, mellorando a integración das granxas no contorno natural.


Publicidade

Preme na imaxe para contactar con nós.

Xoán Xesús Carril, alcalde de Arzúa, destaca que "desde o Concello de Arzúa sempre teremos as portas abertas para recibir proxectos coma este, que axudan a transformar e engadir valor aos nosos sectores produtivos clave."


Esta colaboración reflicte o compromiso do Concello de Arzúa co desenvolvemento sostible e a mellora da calidade de vida no municipio. "Seguiremos apoiando iniciativas que promovan a saúde, o benestar e a integración ambiental nas nosas granxas".

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page