top of page
Perruquería Marisa.gif

Arzúa cancela o desfile dos Reis Magos, pero recibirán aos cativos no Multiusos Terra do Queixo

Laura Moure/Arzúa

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa informa que este mércores, 5 de xaneiro, os Reis Magos visitarán este municipio e atenderán a todas as nenas e nenos nunha recepción que se levará a cabo no Multiusos Terra do Queixo con todas as medidas de hixiene e protección. O Concello decidiu cancelar o desfile polas rúas atendendo ás recomendacións da Xunta de Galicia para evitar aglomeracións nas que, ademais, non se poida garantizar o mantemento da distancia de seguridade.


Programa de actos:

  • 17:00 horas. Apertura de portas do Multiusos Terra do Queixo.

  • 17:30 horas. Chegada dos Reis Magos ao Multiusos Terra do Queixo en vehículos clásicos.

  • 17:40 horas. Recepción e entrega de agasallos a todas as nenas e nenos Animación musical a cargo de Faíscas da Pontraga.

  • 20:30 horas. Remate dos actos


Medidas de hixiene e protección:

  1. Entrada e saída diferenciada e percorrido unidireccional e sinalizado.

  2. Control de acceso e desinfección de mans na entrada.

  3. Control de aforo que non superará o límite de 200 persoas.

  4. Habilitaranse tres filas, unha para cada Rei, separadas 3 metros entre si. A xente que esté en cada fila agardando quenda tamén manterá a separación de 1,5 metros.

  5. As nenas e nenos falarán cos Reis mantendo a distancia de seguridade.

  6. Unha vez sexan atendidos será obrigatorio saír do edificio.

  7. É obrigatorio o uso de máscara en todo momento cubrindo nariz e boca.

  8. O edificio estará continuamente ventilado.



190 visualizaciones0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page