top of page
Perruquería Marisa.gif

Arzúa brilla en Xantar nun showcooking co mel como protagonista

Laura Moure/Arzúa

O Concello de Arzúa estivo presente na vixesimoterceira edición del Salón Internacional de Turismo Gastronómico, Xantar, un dos mellores escaparates para promocionar Galicia a nivel internacional e animar aos visitantes a descubrir e desfrutar da gastronomía, nesta ocasión co mel como protagonista.

 

A edición deste año estivo centrada na gastronomía dos Camiños de Santiago e Arzúa é cruce de camiños. O Camiño Francés e o Camiño do Norte atravesan terras arzuás e temos a sorte de contar cunha marabillosa gastronomía onde os produtos de calidade fan de Arzúa un destino gastronómico único.

 

Este domingo o Centro de Divulgación do Queixo e do Mel de Arzúa estivo presente en Xantar promocionando o outro protagonista de Arzúa: o mel. Este ouro líquido converteuse nun dos manxares da tarde a través dun showcooking no stand da Deputación de A Coruña, no que participaron produtores locais do mel arzuá e no que se elaboraron receitas como tarta de améndoas e mel, cremoso de queixo de Arzúa Ulloa DOP e crumble de mel, paté de chourizo, queixo e mel…

 

Foi todo un éxito de participación e asistencia no que os visitantes puideron degustar as receitas elaboradas e saber un pouco máis sobre este ouro líquido que non só é vital para as abellas, senón que resulta extremadamente útil para os seres humanos.

27 visualizaciones0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page