top of page

Arzúa, Boimorto, Touro, Agolada, Dozón e Santiso reciben axudas para a mellora das infraestruturas turísticas

 Laura Moure/Xeral

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este martes a resolución da liña de axudas destinada a concellos galegos de menos de 10.000 habitantes coas que a Xunta de Galicia busca o impulso e consolidación turística do rural galego ao tempo que promove a diversificación turística polo territorio. En total foron beneficiarios 67 concellos cun investimento global de 2M€. Das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa figuran Arzúa, Boimorto, Touro, Agolada, Dozón e Santiso.

ree
A Fonte da Quenlla de Arzúa. Autor: Ecos da Comarca.

Como se indica na resolución, entre os beneficiarios inclúense iniciativas para a posta en valor da súa riqueza histórica, acondicionamento de sendeiros, sinalización turística, construción de miradoiros, acondicionamento de recursos culturais, patrimoniais e paisaxísticos. Ademais, tamén hai actuacións de posta en valor turístico dos recursos e  proxectos centrados na rehabilitación ou restauración para a súa dedicación a usos turísticos así como proxectos con melloras de accesibilidade como eliminación de barreiras arquitectónicas, entre outras.


Así das comarcas son beneficiarios:

  • Concello de Santiso para a mellora do camiño de acceso á área recreativa PR-226 de Bergondo cuxo importe da subvención é de 30.000 euros.

  • Concello de Dozón para o embelecemento na contorna do Camiño de Santiago (Vía da Prata) e capela do Alto de Santo Domingo cuxo importe da subvención é tamén de 30.000 euros.

  • Concello de Touro para o acondicionamento de punto de atención turística que recibe tamén de axuda 30.000 euros.

  • Concello de Boimorto para a instalación de cubrecolectores para posta en valor do contorno de Boimil e Boimorto. A contía da subvención é de 30.000 euros.

  • Concello de Arzúa para actuacións de mellora das infraestruturas turísticas. Recuperación e mellora da fonte da Quenlla. Recibe de axuda 17.320,12 euros.

  • Concello de Agolada para a rehabilitación de edificación coñecida como antigas cortes dos pendellos cuxo importe da subvención é de de 30.000 euros.

Publicidade

ree
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Xunto a estas axudas, o Diario Oficial de Galicia tamén publica a resolución da segunda convocatoria destinada a concellos galegos para levar a cabo accións de embelecemento do litoral e potenciar así o seu uso turístico, cun investimento global de 2,7M€. Neste caso foron beneficiarios un total de 64 proxectos en 41 concellos do litoral galego que comprenden iniciativas como melloras paisaxísticas en paseos marítimos, creación de contidos e recursos turísticos dixitais, recuperación de sendeiros entre puntos turísticos ou sinalización, entre outras.


Neste caso é unha das axudas do Plan de Sustentabilidade Turística do Litoral que, cun investimento global de 29,3M€, se enmarca no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia para aproveitar o financiamento europeo no camiño á transformación dixital e o incremento da competitividade dos destinos. Inclúe a posta en marcha de medidas transversais destinadas ao litoral galego como dúas convocatorias anteriores para concellos e establecementos para rehabilitación de recursos emblemáticos do litoral galego, xa resoltas, e ademais, entidades locais están executando distintos Plans de Sustentabilidade Turística en Destino.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page