top of page

Arzúa aproba melloras en camiños, instalacións deportivas, saneamento e seguridade viaria

Laura Moure/Arzúa

A última Xunta de Goberno Local do Concello de Arzúa aprobou varios acordos centrados na mellora de infraestruturas municipais e camiños, tanto no ámbito rural como no núcleo urbano. As actuacións atópanse en distintas fases administrativas, desde a adxudicación definitiva ata o inicio do procedemento de contratación, segundo o estado de cada expediente.

A Xunta de Goberno aprobou a adxudicación da obra denominada “Camiño de Carballeira (Brandeso) a Ventorrillo (Viñós) e outro”, cun investimento de case 58.000 euros (IVE incluído).


A intervención inclúe dúas actuacións:

  • O tramo de 650 metros entre Carballeira (Brandeso) e Ventorrillo (Viñós).

  • O tramo de aproximadamente 1,2 quilómetros entre Carballeira e a Igrexa (Viñós).


As obras contemplan mellora do firme, reparación de baches, reforzo da base, ampliación puntual do ancho en determinados treitos, limpeza de gabias e drenaxes e colocación de sinalización vertical


A adxudicación implica que o procedemento de contratación xa rematou e que existe empresa seleccionada para executar os traballos. O seguinte paso será a formalización do contrato e o inicio das obras.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Mellora da seguridade viaria na Rúa Rego da Raña

A Xunta de Goberno tratou a proposta de adxudicación da actuación de mellora da seguridade viaria na Rúa Rego da Raña, cun orzamento de proxecto de arredor de 84.000 euros.


A intervención contempla a execución dunha senda de 310 metros, iluminación mediante 18 balizas, sinalización horizontal e a instalación de catro bancos e catro papeleiras. A proposta de adxudicación significa que as ofertas xa foron avaliadas e que existe unha empresa proposta para executar a obra, pendente da formalización definitiva do contrato


Recuperación das instalacións deportivas municipais

A Xunta de Goberno acordou aprobar e iniciar o expediente de contratación da obra “Recuperación das instalacións deportivas”, cun investimento de preto de 200.000 euros (IVE incluído), financiado nun 80 % pola Deputación e nun 20 % polo Concello.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

As actuacións céntranse na piscina municipal e no gradarío do campo de fútbol, e inclúen melloras de impermeabilización e revestimentos, renovación de zonas deterioradas polo paso do tempo, acondicionamento da contorna da piscina e intervencións no gradarío para reducir filtracións e mellorar a protección fronte á choiva.


O inicio do expediente de contratación supón que o proxecto técnico e o orzamento están aprobados e que se publicará a licitación para que as empresas interesadas presenten oferta.


Ampliación da rede de saneamento no núcleo de Outeiro

Tamén se aprobou iniciar a contratación da obra “Saneamento en Outeiro”, cun investimento de preto de 187.000 euros.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!
Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!

O proxecto prevé a execución de aproximadamente 1,3 quilómetros de tubaxe, co obxectivo de conectar o núcleo de Outeiro coa rede municipal existente. Neste caso, a actuación atópase na fase inicial do procedemento de contratación.


As actuacións aprobadas responden á planificación municipal en materia de mantemento, mellora de infraestruturas e reforzo dos servizos básicos, tanto no rural como no ámbito urbano. O Concello continuará informando da evolución dos distintos expedientes a través das súas canles oficiais.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page