Arzúa adxudica a mellora do camiño da AC-905 á Carballeira por máis de 45.000 euros
- Laura Moure

- 10 jul 2025
- 1 Min. de lectura
Contará cun orzamento total de 45.363 euros
Laura Moure/Arzúa
O Concello de Arzúa vén de adxudicar as obras de mellora do camiño que conecta a estrada AC-905 coa zona da Carballeira, cun orzamento total de 45.363 euros, IVE incluído. A intervención enmárcase no Plan Único POS+OBRASSUM/2023 da Deputación da Coruña.

A actuación contempla a renovación integral dun treito de 750 metros de lonxitude e 5 metros de ancho, ademais de 80 metros cadrados de zonas de manobra. A obra inclúe a reparación de fochancas, o perfilado de mordentes con grava e tratamento asfáltico semiprofundo, e a aplicación dunha nova capa de aglomerado en quente de cinco centímetros en toda a plataforma.
Os traballos completaranse coa limpeza de gabias e salvagabias para mellorar o drenaxe, así como coa sinalización horizontal e vertical, que incluirá pintado de liñas nos bordos e símbolos viarios, ademais da instalación dunha sinal de Stop.
Publicidade
O alcalde de Arzúa e concelleiro de Obras, Xoán Xesús Carril, subliña que se trata “dunha actuación necesaria para garantir a seguridade viaria e mellorar o acceso á zona, moi utilizada pola veciñanza e por vehículos agrícolas”. Carril engade que a intervención “forma parte da estratexia de reforzo das infraestruturas municipais, especialmente nas parroquias, onde os camiños soportan un uso intensivo e demandan mantemento continuo”.
Publicidade
Está previsto que os traballos comecen nas próximas semanas, unha vez superados os trámites administrativos.








Comentarios