top of page

Arzúa acondicionará a área de descanso na baixada á Fervenza das Hortas, en Dombodán

 A actuación conta cun orzamento de 37.772,79 € cofinanciado pola Axencia de Turismo de Galicia e o Concello


Laura Moure/Arzúa

O Concello de Arzúa continúa coa súa aposta pola posta en valor dos recursos naturais e turísticos do municipio. Nesta ocasión, a través do departamento de Turismo, acometerá o acondicionamento dunha área de descanso situada na parroquia de Dombodán, concretamente na parte alta da baixada á Fervenza das Hortas, un dos espazos naturais máis destacados do territorio arzuán.


A actuación ten como obxectivo mellorar o estado actual deste punto de encontro, utilizado tanto polos sendeiristas que realizan a ruta da Fervenza das Hortas como polos turistas que se achegan a visitar este espazo singular. A zona, situada ao carón do núcleo das Hortas e lindante co concello de Touro, presenta actualmente un mobiliario deteriorado e carece dun espazo adecuado para aparcadoiro e descanso.

O proxecto, cun investimento total de 37.772,79 €, será financiado maioritariamente pola Axencia de Turismo de Galicia, que achega 30.000 € a través das axudas para actuacións de mellora das infraestruturas turísticas. O Concello de Arzúa asumirá a parte restante.


A concelleira de Turismo e Acción Urbana, Begoña Balado, destaca que “esta actuación responde ao compromiso do Concello coa mellora continua dos nosos recursos naturais, poñendo en valor un lugar tan emblemático como a Fervenza das Hortas e ofrecendo un espazo cómodo e accesible tanto para o descanso como para o desfrute turístico.”


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Balado engadiu que “con iniciativas coma esta, seguimos avanzando cara un modelo de turismo sustentable, que combina respecto pola natureza e mellora das infraestruturas ao servizo da veciñanza e das persoas que nos visitan.”

 

Actuacións previstas: 

O acondicionamento contempla diferentes actuacións, entre as que destacan:

  • Mellora do acceso dende a estrada CP-0605, con limpeza de gabias e da superficie do viario, e posterior rebacheo con tratamento asfáltico na totalidade da plataforma.

  • Creación dun espazo de aparcadoiro, mediante zahorra compactada e valado de

    madeira na zona alta.

  • Acondicionamento da área de descanso, dotándoa con novo mobiliario de madeira:

    4 mesas con bancos, 1 banco illado, 1 pérgola, 1 panel informativo e 4 papeleiras.

  • Preparación e limpeza dos noiros, incluíndo valado de madeira e plantación de 17

    árbores autóctonas.

  • Xestión de residuos conforme á normativa ambiental e lexislación vixente.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Prazo de execución

As obras teñen previsto un prazo de execución de dous meses, unha vez adxudicados os traballos.



Kommentare


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page