O Departamento de Cultura deu a coñecer hoxe a programación de marzo e abril
Laura Moure/Arzúa
O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa deu a coñecer. É unha campaña de animación á lectura e de apoio ás librarías da vila. Con cada merca dun libro, recibirase un lote de agasallos ata fin de existencias. a conmemoración do Día do Libro con distintas actividades conforman a iniciativa.
Os días 29, 30 e 31 de marzo e 1 e 5 de abril terá lugar o obradoiro A Vila do Mañá, Arzúa. Traballando na paisaxe. Será de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00 horas para idades de seis a 14 anos. Os interesados deberán inscribirse no teléfono 981 500 222 ou no correo cultura@concellodearzua.com entre o 15 e o 25 de marzo. É de balde, pero ten prazas limitadas.
Do 16 ao 30 de abril poderase visitar a exposición de ilustración de M.J.Plata Ilustration na Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro en horario de luns a venres de 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 20:00 e os sábados de 10:00 a 13:00 horas.
O venres 23 conmemorarase o Día do Libro co contacontos ilustrado Mulleres Galegas. Xela Arias da compañía Polo correo do vento. Terá como escenarios o CEIP de Arzúa ás10:00 horas e o Colexio Nosa Señora do Rosario ás 12:00 horas.
Mentres do 23 ao 30 de abril lanzarase a campaña Arzúa Conta. É unha campaña de animación á lectura e de apoio ás librarías da vila. Con cada merca dun libro, recibirase un lote de agasallos ta fin de existencias.
Esta programación terá continuidade no mes de maio e garantiranse as medidas vixentes de hixiene e protección fronte á Covid-19.
Comments