top of page

Arzúa acollerá o venres 13 de xuño a proxección do documental 'Lévame a idea'

É un recoñecemento profundo e necesario ás mulleres, auténticas protagonistas na creación, recuperación e divulgación da música de tradición oral galega


Laura Moure/Arzúa

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa levará a cabo este venres a proxección do documental Lévame a idea, un recoñecemento profundo e necesario ás mulleres, auténticas protagonistas na creación, recuperación e divulgación da música de tradición oral galega.  Esta peza documental reivindica cunha óptica feminista o papel fundamental das mulleres na preservación da poesía, o canto e a cultura popular de Galicia, piar esencial da nosa identidade colectiva.

Este proxecto é unha creación da cooperativa Navíos e Folerpas, formada por tres mulleres vencelladas, dende hai moitos anos, ao eido da música tradicional: Vanesa Siso, Laura Varela e Iria Villares. No documental participan mulleres do eido da música en Galicia como Felisa Segade, Mercedes Peón, Sés, Lupe Blanco ou as Malvela.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A proxección terá lugar o venres 13 de xuño na Casa de Correos ás 20:30 horas. A entrada será libre e de balde ata completar a capacidade. Este acto forma parte da recentemente estreada programación cultural do verán.


O concelleiro de Cultura, José Luís García, convida “a participar nesta interesante peza sobre a transmisión cultural reivindicando a memoria histórica, o rural galego e o legado que ao longo dos tempos foron creando tantas e tantas mulleres”. Ademais, quixo destacar “o empeño do Departamento de Cultura en dotar de contido á Casa de Correos, neste caso, como sala de proxeccións co visionado, por exemplo, de varios títulos de cine clásico, deste documental ou dunha proposta para público infantil e familiar que se fará en setembro”.





Commentaires


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page