top of page

Arzúa acollerá o día 27 unha charla sobre o Plan de Acercamento da Administración ao cidadán

Hai prazas limitadas polo que é necesario inscribirse previamente


Laura Moure/Arzúa

A Subdelegación do Goberno na provincia da Coruña achegará a Arzúa a iniciativa La Administración cerca de ti, coa pretensión de facilitar a cohesión social e territorial, combatir a brecha salarial e garantir a igualdade de oportunidades entre os seus cidadáns.

La Administración cerca de ti traerá a Arzúa unha charla informativa sobre o Plan de Acercamento da Administración ao cidadán e sobre as posibilidades e ferramentas que proporciona a administración electrónica. Terá un carácter eminentemente práctico e de utilidade para o cidadán, ofrecéndolle a posibilidade aos asistentes de obter in situ un certificado electrónico, en concreto o que ofrece a Fábrica Nacional de Moneda e Timbre que é o que maiores posibilidades de interacción proporciona co conxunto de Administracións Públicas.

Terá lugar en Arzúa o luns, 27 de marzo, ás 11:30 horas no Salón de Plenos da Casa Consistorial.

As prazas de asistentes están limitadas a 25 persoas que se poderán inscribir á xornada chamando ao número de teléfono 981 500 000. As prazas cubriranse por rigurosa orde de inscrición.



0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page