top of page

Arzúa acollerá as Xornadas “Feminismos, coidado e ruralidades” no marco do programa EspadELA

Serán o 1 de decembro na Capela da Madalena


Laura Moure/Arzúa

EspadELA: Escola de Apoderamento Feminista de Mulleres do Rural nace en 2018 impulsada pola cooperativa Arabías da man do Sindicato Labrego Galego e financiada pola Deputación da Coruña. A cooperativa Arabías é unha entidade sen ánimo de lucro que traballa pola posta en marcha de proxectos centrados na igualdade, no feminismo e na transformación social. EspadELA xorde para crear espazos de traballo colectivo onde pensar e construír xuntas. A primeira, segunda, terceira e cuarta edición da escola desenvolveuse nos municipios de Arzúa, Ordes, Betanzos, Moeche, As Pontes, Valdoviño, Cabanas, Cambre e Carral obtendo altos niveis de participación e satisfacción por parte das mulleres participantes.

Este setembro iniciou a quinta edición de EspadELA. O programa desenvólvese nas localidades de Boiro, Touro, Arzúa e Santiago de Compostela até o mes de decembro.

Arzúa acollerá as Xornadas Feminismos, coidado e ruralidades e a inauguración dunha exposición fotográfica onde participan tres veciñas coidadoras de localidade.


Publicidade

As xornadas terán lugar o venres 1 de decembro ás 16:30 horas na Capela da Madalena.

A inauguración da exposición fotográfica terá lugar o venres 1 de decembro as 19h na Capela da Madalena de Arzúa.


A axenda do evento é a seguinte:

  • 16:30 a 17:00 horas. Presentación de EspadELA por parte das socias traballadoras de Arabías e representantes do Concello de Arzúa.

  • 17:00 a 18:00 horas Obradoiro de (auto)coidados dinamizado por Noelia Darriba e Naiara González.

  • 18:00 a 19:00 horas Conversa a dúas voces sobre coidados con dereitos: Asociación Mobilidade Humana e Laura Bugallo activista transfeminista e sindicalista da CIG.

Será necesaria a inscrición previa para o obradoiro e conversa, máis abriremos a libre participación para a inauguración da exposición ás 19:00 horas.


Publicidade

A inscrición, que é gratuíta, debe formalizarse no Centro de Información ás Mulleres do Concello de Arzúa (Rúa Santiago, 2), chamando ao 981 501 101 ou nesta ligazón.


As prazas son limitadas e o prazo para anotarse remata o 1 de decembro ás 14:00.

A formalización da inscrición deberase facer en: cim@arzua.gal ou no teléfono 981 500 000. Ext.121 (de 10:00 a 13:00 horas).

0 comentarios

Komentáře


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page