top of page

Arzúa acollerá a presentación do último libro de Ángel Curtis

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

A cita será mañá, venres, na Capela da Madanela


Laura Moure/Arzúa

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa informa que a Capela da Madanela acollerá mañá venres,17 de marzo, ás oito do serán a presentación do libro Meditación. Un nuevo camino. Descúbrelo cun acto aberto a todos os públicos. O autor, Ángel Curtis, estará acompañado da Concelleira de Cultura, Aurora Varela. Ángel foi recoñecido no 1987 como mellor faquir do mundo.

Preme na imaxe para acceder á web desta empresa.

Foi capaz de camiñar sobre dúas navallas barbeiras, subir e baixar por unha escaleira de gadañas ou camiñar sobre brasas coma se fose pola rúa. Ángel Díaz Pérez, de nome artístico Ángel Curtis, dedícase desde hai uns anos á meditación, a relaxación, ao mindfulness ou ao taichí terapéutico.


Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Nesta última publicación, o autor explica cales son os beneficios de practicar a meditación, tanto físicos como psíquicos, e na axuda para curar enfermidades, ademais da importancia da respiración e a relaxación. Ao final do libro comparte unha relaxación e diferentes tipos de meditación guiada, que se poden utilizar de xeito individual ou con outra persoa.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page