top of page

Arzúa acolle unha sesión de investigación teatral sobre a expresión de xénero

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Será o 18 de decembro e é necesario inscribirse


Laura Moure/Arzúa

A Concellaría de Igualdade do Concello de Arzúa organiza, en colaboración coa Asociación Cultural Barriga Verde, unha sesión gratuíta de investigación teatral centrada na expresión de xénero. A actividade, aberta a toda a veciñanza maior de 14 anos, terá lugar o mércores 18 de decembro, de 17:00 a 19:30 horas, na Aula 4 do Recinto Feiral Terra do Queixo.


Este proxecto, que destaca pola súa orientación inclusiva e educativa, busca explorar a identidade de xénero a través do teatro, empregando a máscara teatral como ferramenta central. Ao longo da sesión, abordaranse diferentes perspectivas como a máscara expresiva, a media máscara ou outras «máscaras sociais» vinculadas á roupa e o calzado, así como máscaras corporais relacionadas co drag queen e drag king.

A actividade está especialmente dirixida a persoas con sensibilidade e interese pola temática e o colectivo LGBTIQ+, sen requirir experiencia previa no ámbito teatral. Ademais, pretende fomentar un espazo interxeracional e participativo, no que se priorice o intercambio e a reflexión colectiva.


O grupo terá un máximo de entre 15 e 20 participantes, garantindo así unha dinámica personalizada e enriquecedora para todas as persoas inscritas.


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Información e inscricións

As inscricións pódense realizar contactando co CIM Arzúa, situado na Rúa San Vicente, s/n, a través do teléfono 698 119 762, ou directamente no seguinte enlace: https://bit.ly/3DaY0RC.


Con esta actividade, o Concello de Arzúa reafirma o seu compromiso coa igualdade, a diversidade e a inclusión social, apoiando iniciativas culturais que promovan a reflexión e a participación da veciñanza en cuestións clave para acadar a unha sociedade sen discriminacións. Para máis información, non dubiden en contactar co CIM ou co Concello de Arzúa.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page