Arzúa acolle mañá a presentación do audiovisual “Saberes e sabores. As mulleres que alimentan a vida”
- Laura Moure
- 24 feb
- 1 Min. de lectura
É unha produción do Consello da Cultura Galega, dirixida por Encarna Otero
Laura Moure/Arzúa
A Capela da Madanela de Arzúa acollerá mañá, martes 25 de febreiro de 2025, ás 19:00 horas, a presentación do audiovisual “Saberes e sabores. As mulleres que alimentan a vida”, unha produción do Consello da Cultura Galega, dirixida por Encarna Otero.

Este proxecto pon en valor o papel fundamental das mulleres na transmisión do patrimonio gastronómico e cultural galego, a través da experiencia e a historia de cociñeiras destacadas.
O acto contará coa participación de Xoán Xesús Carril, alcalde de Arzúa; Encarna Otero, directora do audiovisual e Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega. Ademais, as cociñeiras protagonistas: Lucía Freitas (A Tafona), Ana Portals (Solleiros) e María José (Casa Chelo), compartirán as súas experiencias nun coloquio tras a proxección. Haberá tamén unha actuación musical e unha degustación especial, onde poderemos probar algunha das receitas das protagonistas do evento.
"Desde o Concello de Arzúa e o Consello da Cultura Galega, convidamos a toda a veciñanza a participar neste acto de celebración do saber e do sabor das nosas mulleres cociñeiras".
Opmerkingen