top of page

Arzúa acolle hoxe un concerto a cargo de Andhrea & The Black Cats na Praza de Galiza

Laura Moure/Arzúa

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa organiza, dentro da programación cultural de verán, unha nova edición do Ciclo de música na rúa baixo o título de En Aberto. Mañá xoves chega a segunda proposta deste ano cun concerto a cargo de Andhrea & The Black Cats na Praza de Galiza ás 21:00 horas, coa entrada gratuíta e acceso libre.


Despois do primeiro recital da man da Rondalla Moraima o pasado 31 de xullo, o certame retoma a súa actividade mañá, xoves 14 de agosto, da man banda compostelá de música blues Andhrea & The Black Cats que leva pisando moitos escenarios dende 2012 destacando o Festival de Blues de Benicassim e o Sweet Cotton Festival. Hoxe en día están a presentar a súa nova formación, coa incorporación da tuba, dotando aos seus directos dun carácter que fai recordar á vella Nova Orleans.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

O repertorio desta banda supón un percorrido na historia do blues, unha viaxe na que se traslada ao público a outra época a través das historias narradas no seu momento polos autores mais clásicos e cuxo transfondo, na maioría dous casos, segue tendo presenza hoxe en día.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O xoves 21 de agosto será a quenda de Abril e, de pechar o ciclo o xoves 28 de agosto encargarase a formación de música latina SonBoleros.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page