Arzúa acolle hoxe a XII Gala dos Premios Xornal Trueiro
- Laura Moure

- 15 nov
- 1 Min. de lectura
Entre outros serán premiados a Plataforma Ulloa Viva e Xabier Pazo, da Asociación Troiteiros Río Furelos
Laura Moure/Arzúa
Este sábado, 15 de novembro, ás 19:00 horas, a Casa da Cultura de Arzúa acollerá a gala anual dos Premios Xornal Trueiro, organizada polo Concello de Arzúa e o Xornal de Pesca Trueiro. O evento distinguirá a persoas, entidades e organizacións que teñen destacado na defensa do medio natural galego e na divulgación dos valores sociais e deportivos da pesca continental.

A gala será presentada por Manolo López Torrente, exxornalista deportivo da TVG, e contará coa participación do alcalde de Arzúa, Xoán Xesús Carril, e de directivos da Asociación de Troiteiros Río Iso.
Publicidade
Este ano, os premiados son:
Sandra Barca
Roberto Varela
Anove TV
Plataforma Ulloa Viva
José Luís Bruna
Xabier Pazo (Troiteiros Río Furelos)
Publicidade
"Desde o Concello anímase a veciñanza a achegarse este sábado á Casa da Cultura para compartir esta cita de recoñecemento ás persoas e entidades que traballan pola defensa do medio natural galego".








Comentarios