top of page

Arzúa acolle este venres na librería Anagrama a presentación do libro 'Liberdade para o galego'

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

É unha obra de dos autores Marcos Maceira Eiras e Elsa Quintas Alborés


Laura Moure/Arzúa

Este venres 24 de xaneiro, o Concello de Arzúa acolle a presentación do libro Liberdade para o galego. Política, uso e disposición da lingua, dos autores Marcos Maceira Eiras e Elsa Quintas Alborés. O evento terá lugar ás 20:00 horas na Libraría Anagrama e contará coa participación de Kike Amonarriz, sociólogo e sociolingüista vasco. A encargada de presentar o acto será Lucía López Sobrado, concelleira de Normalización Lingüística.

A concelleira destaca a relevancia deste libro, que aborda cuestións fundamentais sobre a situación da lingua galega: "Este libro é unha chamada á reflexión colectiva. Sempre que se fala de lingua, fálase de liberdade, mais debemos preguntarnos se esa liberdade existe para o galego. Precisamos tan só de vontade para facer uso da nosa lingua? Ou, como ben sinalan a autora e o autor deste libro, existen coaccións e limitacións que dificultan que as galegas e galegos poidamos facer un uso normal do noso idioma? Penso que o libro abre unha reflexión moi interesante. Agradecerlle a Elsa Quintas e Marcos Maceiras esta análise tan necesaria. E agradecer tamén a Libraría Anagrama o seu compromiso coa normalización da lingua."


A presentación de Liberdade para o galego ofrece unha análise detallada dos obstáculos que impiden o uso pleno da lingua galega, contrastados con informes de organismos internacionais como o Consello de Europa ou a ONU. No seu ensaio, Quintas e Maceiras apuntan algunhas cuestións que son clave para entender porque o noso idioma non para de perder falantes nas últimas décadas.


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

"Desde a Concellería de Normalización Lingüística vemos con preocupación os últimos datos sobre o uso da lingua galega, que reflicten unha situación crítica. Aínda así,sabemos que actuar desde as institucións é clave para reverter esta tendencia. E que aínda estamos a tempo de facelo. Temos a responsabilidade e o deber de garantir a liberdade real para que o galego poida empregarse con normalidade en todos os ámbitos da vida,", destaca López.


O acto está organizado en colaboración con A Mesa pola Normalización Lingüística, Edicións Laiovento e a Libraría Anagrama, reforzando o compromiso colectivo coa promoción e defensa da lingua galega.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page