‘Artesanía na escola’ chega ao CEIP Plurilingüe de Silleda
- ecosdacomarca
- 8 may
- 2 Min. de lectura
Eu son artesán de percusión tradicional amosa, a través da figura de Xosé Manuel Sanín, a historia dun dos instrumentos tradicionais de Galicia, a pandeireta
Ecos da Comarca/Silleda
A Xunta continúa co desenvolvemento do seu programa Artesanía na escola, dirixido a achegarlle os oficios artesanais e os valores da artesanía aos nenos e nenas de colexios de toda Galicia. A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, achegouse onte ata o CEIP Plurilingüe de Silleda, para asistir á demostración do artesán Xosé Manuel Sanín, que protagoniza a segunda das unidades didácticas, Eu son artesán de percusión tradicional.

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, destacou a boa acollida que está a ter esta iniciativa entre as alumnas e alumnos dos centros participantes, quenes amosan gran interese, especialmente durante as demostracións dos profesionais do sector. Así mesmo, salientou a importancia de iniciativas como Artesanía na escola, que poñendo o foco nos oficios tradicionais e a través de unidades didácticas centradas nun oficio artesanal concreto, ensinan aos máis novos as posibilidades futuras destes traballos e fomentan a concienciación dos valores da artesanía como patrimonio cultural.
Publicidade
Divulgación dos oficios artesáns aos máis novos
Con esta iniciativa, búscase divulgar os oficios artesanais, poñendo en valor o produto feito á man e do profesional da artesanía como creador e como transmisor de coñecementos, divulgando os vellos saberes e amosando os novos oficios vinculados a unha artesanía máis contemporánea ligada a un consumo responsable, á produción local e sustentable e á economía circular.
Publicidade
A primeira das unidades didácticas —desenvolta nos centros escolares o pasado curso 2023-2024—, dedicouse ao oficio tradicional da elaboración de zocos a través da figura de Elena Ferro, e estase a traballar nesta edición noutras unidades temáticas centradas na ourivería compostelá, na cerámica e na cestería, co obxectivo de ir incrementando a variedade de oficios que se presentan no marco desta iniciativa.
Comments