top of page

Arte na rúa e teatro infantil serán os protagonistas durante esta fin de semana en Arzúa

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Laura Moure/Arzúa

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa organiza para esta fin de semana dúas actividades incluídas na recentemente estreada programación de setembro.


O venres, 10 de setembro, terá lugar a cuarta edición da actividade Arte na rúa. Trátase dunha xornada na que pintores e escultores realizarán obras ao aire libre e en directo na contorna da Capela da Madanela, coincidindo co paso do Camiño Francés pola vila. Nesta cuarta edición confirmaron a súa participación un total de trece artistas, entre os que se atopan as arzuás Rebeca Novo, María José Plata e Silvática.

A iniciativa 'Arte na rúa' da edición pasada.

As creacións artísticas inspiradas no Camiño de Santiago por Arzúa faranse de 10:30 ás 13:30 horas; xa pola tarde, ás 19 horas, inaugurarase a mostra das obras realizadas na Capela da Madanela, con aforo limitado. A galería estará aberta do 13 ao 24 de setembro en horario de sete a oito e media, de luns a venres.


Por outra banda, o sábado día 11, o Multiusos Terra do Queixo acollerá a representación da obra de Teatro Ghazafelhos A Máquina do tempo dentro do programa Falaredes de dinamización lingüistica a través do Plan Xacobeo 21.


A máquina do tempo é un espectáculo teatral cómico dirixido ao público infantil e familiar que ilustra dun xeito ameno e pedagóxico a historia das civilizacións. Coa axuda dunha curiosa escenografía, Pepablo Patinho e Montse Piñón, farán un percorrido pola historia a través de dúas chamativas personaxes: A doutora Mon e o seu axudante Pe.


A función dará comezo ás 18:00 horas e será de acceso libre ata completar aforo.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page