top of page

Arte, música, urbanismo e teatro, centran a programación do Día da Muller en Silleda

Todo baixo o lema “8M/365”


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda organiza a programación especial “8M/365”, unha iniciativa que busca visibilizar a loita pola igualdade de xénero a través da cultura, a arte e a educación. As actividades desenvolveranse ao longo de varias xornadas, combinando exposicións, accións artísticas, teatro e iniciativas de sensibilización.

foto

As actividades darán comezo este xoves día 20 de febreiro coa inauguración da exposición Amigo, date conta, que terá lugar ás 12:30 horas na Praza da Igrexa de Silleda. Esta mostra, que chega dende a Delegación do Goberno en Galicia, busca reflexionar sobre as desigualdades de xénero e fomentar o pensamento crítico da cidadanía. A inauguración contará ca presencia do subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada.


Do 3 ao 7 de marzo, levarase a cabo a iniciativa artística Pintando Igualdade en colaboración con pintoras locais, na que varias artistas levaran a acabo a pintada de varias regadeiras moradas con palabras a favor da igualdade.


Publicidade

ANUNCIO
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

O 4 de marzo, pola mañá, terá lugar a entrega de material de igualdade e recursos para a biblioteca feminista no IES Pintor Colmeiro de Silleda, fomentando a inclusión de contidos con perspectiva de xénero nos espazos educativos. O 5 de marzo, tamén pola mañá, esta iniciativa continuará ca entrega de material para a biblioteca feminista do Centro Cultural Vista Alegre da Bandeira.


O 6 de marzo, presentarase o Proxecto Piloto Urbanismo de Xénero, unha proposta innovadora que analiza como o deseño urbano pode influír na seguridade e accesibilidade das mulleres no espazo público. A cita, será ás 12:00 horas no Salón de Actos da Casa do Concello.


A xornada do 7 de marzo contará cunha visita de persoal municipal ao Centro de Recuperación Integral para Mulleres que Sofren Violencia de Xénero, reforzando o compromiso do Concello de Silleda coa loita contra a violencia machista. Pola noite, a Praza Juan Salgueiro da Bandeira iluminarase en cor violeta como símbolo de apoio á igualdade de dereitos das mulleres.


O 8 de marzo, data central da conmemoración, celebrarase un acto de homenaxe á persoa elixida este ano como (IN) Visible 8M, acompañado dunha performance Pintando Igualdade, unha iniciativa artística, en colaboracióncon varias pintoras locais que deixarán a súa impronta pola igualdade en regadeiras violetas.


PUBLICIDADE
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A continuación, ás 13:00 horas, terá lugar un vermú musical a cargo de SEÑORA DJ, que encherá o ambiente de música e reivindicación feminista.


Para pechar a programación, o 9 de marzo ás 19:00 horas, o Auditorio Manuel Dopazo acollerá a representación teatral de Bravas, unha obra da actriz e cómica Isabel Risco, que combina humor e crítica social para abordar a realidade das mulleres.


Con esta ampla programación, o Concello de Silleda reafirma o seu compromiso coa igualdade de xénero, utilizando a cultura e a educación como ferramentas de transformación social.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page