top of page
Foto del escritorLaura Moure

Arrinca mañá a XXVI edición da campaña “Este Nadal toca en Melide”

Asetem sorteará dous premios de 1.000 euros e 4 de 500 euros na tradicional Gala de Nadal do día 10 de xaneiro


Laura Moure/Melide

A viséxima sexta edición da campaña “Este Nadal toca en Melide” comeza este domingo, 1 de decembro, na que se repartirán diversos premios entre a clientela dos establecementos de proximidade. Nesta convocatoria participarán preto de 70 comercios locais, o que afirma a boa acollida que esta iniciativa ten cada ano.


Dende a directiva de Asetem fan fincapé na necesidade de que “a poboación aposte por mercar os agasallos e produtos de Nadal nas tendas da vila porque non é preciso comprar nas cidades, grandes superficies ou a través da rede para atopar os mellores regalos a bos prezos”. A maiores, dende a Asociación empresarial destacan que “o feito de comprar no municipio implica que o pobo medre e isto é beneficioso para toda a veciñanza”,

“Este Nadal toca en Melide” sorteará dous premios de 1.000 euros e 4 de 500 euros na tradicional Gala de Nadal. Como xa é habitual, as tendas participantes obsequiarán á clientela con rifas numeradas coas que entrar no sorteo. E, como novidade desta edición, haberá 10 vales de 50 euros para sortear a través da APP de Asetem, entre todos os tíckets subidos entre o 1 de decembro de 2024 e o 10 de xaneiro de 2025.


O obxectivo principal desta campaña é o fomento das compras nos establecementos comerciais de Melide, premiando a fidelidade da clientela mediante o sorteo de vales

de compra. Estes premios serán gastados de novo nos establecementos de proximidade, o que garante a repercusión no eido comercial da localidade.


Publicidade

A Gala de Nadal celebrarase o venres 10 de xaneiro de 2024 no Centro Sociocultural Mingos de Pita. Neste evento contaremos coas actuacións de: Leti da Taberna, Irene Ruiz Carmuega e Juan Carlos Mazás Sanmartín. Entre as persoas asistentes á Gala sortearase un premio adicional chamado “Lote Asetem” cun valor de 200 euros.


As bases da campaña, así como os establecementos participantes poden consultarse

na páxina web: www.asetem.com  "Para as compras de Nadal, merca en Melide!", recalca Asetem.


0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page