top of page
Perruquería Marisa.gif

Arrinca a campaña de Nadal de Asetem na que participan uns 80 establecementos de Melide

Este ano esta iniciativa repartirá 6.000 euros en premios no seu tradicional sorteo que será o 13 de xaneiro


Laura Moure/Melide

A vixésima cuarta edición da campaña de Nadal de ASETEM - CCA, Este ano toca en Melide, repartirá 6.000 euros en premios no seu tradicional sorteo. Onte arrincou a nova edición da iniciativa que cada Nadal a entidade empresarial celebra nos comercios asociados da comarca da Terra de Melide. Este ano participarán preto de 80 establecementos, o que afirma a boa acollida que esta iniciativa ten cada ano e que dende a directiva da asociación esperan que se traslade tamén á clientela.

"Confiamos en que a poboación volva apostar polos establecementos de proximidade para facer as súas mercas de Nadal porque non é necesario moverse para atopar agasallos de todo tipo”. Ademais, dende ASETEM fan fincapé en que “o feito de mercar no municipio implica que o pobo medre polo que, dunha ou outra maneira, é beneficioso para toda a veciñanza”.


O principal obxectivo desta actividade é o fomento e impulso das compras nos comercios melidenses premiando a fidelidade da clientela mediante o sorteo de vales de compra para gastar nestes mesmos establecementos. Para levar a cabo esta acción de promoción as tendas obsequiarán á súa clientela con rifas ao realizar compras de calquera importe entre o día 1 de decembro e o 13 de xaneiro de 2023.

Ese mesmo día, o 13 de xaneiro celebrarase no Centro Sociocultural Mingos de Pita a gala do sorteo de Nadal para repartir os premios: un de 2.000 euros, dous de 1.000, e catro de 500 euros. Ademais, entre os asistentes á gala sortearase unha tarxeta regalo para unha escapada de fin de semana para dúas persoas polo que asistir a este evento é de gran importancia para os usuarios e usuarias. A maiores, para facer desta gala unha xuntanza máis amena e especial, a cantante Tania Veiras será a encargada de conducir o evento e deleitaranos con algunhas das súas cancións.


As bases da campaña así como os establecementos participantes poden consultarse na páxina web: www.asetem.com ou para calquera dúbida poden chamar ao 981 50 61 88.

39 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page