top of page

Arrancará en breve a construción dun novo patio cuberto no CEIP Xoaquín Loriga de Prado

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

A actuación prevese que estea rematada antes do inicio do curso


Laura Moure/Lalín

A concelleira de Educación de Lalín, Begoña Blanco Blanco; o edil de Obras, José Cuñarro, e o xefe territorial de Educación en Pontevedra, César Pérez Ares, informaron á comunidade educativa do CEIP Xoaquín Loriga de Prado do inicio inminente da construción dun novo patio neste colexio, despois de que se demolese o anterior por atoparse en mal estado.

Unha actuación, explica Blanco, que lle fora solicitada por parte da administración municipal á Xunta para que se fixera cargo da construción deste novo patio comprometéndose esta a realizala nunha visita realizada polo xefe territorial a este centro en xullo do pasado ano.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A obra a executar consiste na construción dunha cuberta a base de vigas metálicas de aceiro de 122,40 m2. Esta estrutura apoiarase nos muros de contención existentes nos lindes norte e leste da parcela a través dunha abrazadeira perimetral de reforzo e na fronte sur en piares metálicos.


A cubrición do espazo de patio executarase con paneis opacos de chapa de aceiro prelacada e núcleo de espuma de poliuretano na orientación sur da cuberta e con paneis translúcidos na orientación norte, para garantir unha entrada de luz neutra durante todo o ano.

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Esta infraestrutura educativa comezarase a construír en breve e estará rematada antes de comezo de curso, dando así resolución definitiva a unha demanda da comunidade educativa, sinala Blanco.


Melloras acometidas no centro

Cómpre recordar que neste colexio se veñen de acometer recentemente a remodelación integral do espazo Concilia coa colocación de novas fiestras, chan e radiadores, entre outras melloras, así como a instalación de 25 metros de valado perimetral de madeira na horta coa finalidade e evitar que o alumnado entrase nesa zona de horta sen vixilancia, de xeito que só podan o facer co acompañamento dos docentes.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page