top of page

Arrancan un coche en Antas de Ulla que atoparon coas chaves postas e empótranse a 200 metros

As autoras, que foron imputadas, son unha moza de 18 anos e unha menor


Ecos da Comarca/Antas de Ulla

Unha moza de 18 anos e otra menor de idade pasaron a disposición xudicial por un suposto delito de hurto e uso dun vehículo, que tiña as chaves postas, na localidade de Antas de Ulla. A de maior de idade é de Taboada mentres que non trascendeu máis información da outra persoa.


Ambas supostamente metéronse no coche coa intención de pasar a noite, pero ao ver as chaves decidiron arrancalo e dirixirse ata o concello veciño de Monterroso. Sen embargo, a viaxe pronto rematou porque acabaron empotrándose a uns 200 metros de onte estaba estacionado. O suceso ocorreu na madrugada do pasado 6 de xaneiro.


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page